Jacobo Gaspar Grandal (Mos, 1975) é Titulado Superior en Composición polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, realiza estudos de Posgrao en Composición no Conservatorio Superior de Música de Aragón e é Doutor en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Tamén é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo.
Recibíu importantes premios, coma o primeiro premio “Xavier Montsalvatge” no XX Premio Jóvenes Compositores Fundación Autor – CDMC (Madrid), o primeiro premio na “VI International Jurgenson Competition for Young Composers” (Moscova), o ‘Special Prize’ e o ‘Audience Prize’ no “Isang Yun International Composition Prize 2013” (Seúl), a mención de honra no Premio “Valentino Bucchi-Parco della música” (Roma), ou o segundo premio no «8º Concurso Internacional de Composición da Póvoa de Varzim» (Portugal).
A súa obra parte da modernidade e do novo paradigma que esta define, no que se replantexa a relación son-música, algo do que se deriva unha expansión dos medios e das técnicas instrumentáis, novas liñas de traballo cos intérpretes e unha concepción da escoita dirixida a ensanchar a experiencia perceptiva.
É profesor do Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.